jueves, 14 de enero de 2010

Dalle ao Play

Entre os días 25 e 26 do mes de febreiro terá lugar “Dálle o play”, o I foro de produción musical de Vigo nas instalacións do IES Audiovisual, en Bouzas.

Neste foro terán cabida xa non só profesionais do sector da produción, senón grupos noveles previamente seleccionados. Estes grupos levarán a cabo una serie de concertos que amenizarán as xornadas.

Os grupos que participen no concerto farano así mesmo como gañadores do concurso que empeza este mesmo luns. Será entón cando se abra o prazo para que todos aqueles interesados envíen as súas demos ou vídeos.
Posteriormente un xurado especializado encargarase de seleccionar aos mellores, que recibirán como premio a gravación dunha maqueta e a posibilidade de participar no concerto.

O prazo para que os interesados se inscriban comeza este luns 18 e finaliza o día 26 deste mesmo mes. Deberá cumprimentarse unha folla de inscrición así como enviar as súas gravacións no formato establecido nas bases. A preselección terá lugar entre os días 28 e 30 de xaneiro e os gañadores coñeceranse o día 2 de febreiro.

Haberá tres categorías nas que os participantes poderán inscribirse: Pop/rock, Contemporáneo e categoría libre. Valorarase a orixinalidade, complexidade, calidade nas letras, etc.

Os premios, iguais para cada unha das tres categorías, serán os seguintes:
Primeiro premio: gravación dunha maqueta e participación en “Dálle ao play”
Segundo premio: participación en “Dálle ao play”

Os requisitos necesarios para inscribirse parten de ser grupos formados por entre 2 e 8 persoas e residir na provincia de Pontevedra. A premisa é que sexan grupos noveles, polo que non poderán ter editado ningún disco previamente. Ademais os temas deberán ser orixinais e inéditos.

Aqueles interesados poden enviar as súas demos ou vídeos tanto por correo postal como por e-mail, respectando sempre os formatos establecidos nas bases (mp3 (128kbps), wav, wma).

Animádevos e contactádenos en dalleoplay@gmail.com

IES Audiovisual de Vigo
c/ Eduardo Cabello s/n C.P: 36208 Vigo
Tlf: 986 246 834 Fax: 986 246 835


Folla de Inscripción en .DOC
http://www.megaupload.com/?d=N62IOLF4

Bases do concurso en .PDF
http://www.megaupload.com/?d=640VJ1HJ

Visita al Broadcast

Nueva visita, esta vez a Madrid, donde anteriormente habíamos ido a AFIAL. Esta vez nuestros pasos nos llevan a la feria del Broadcast, donde pudimos alucinar un poco con los nuevos recursos que salen al mercado, entre "Dollys" y sensores de movimientos disfrutamos de la Capital como nunca. Otra buena visita, más ganas de volver.