lunes, 10 de noviembre de 2008
III Xornadas Audiovisuais
Pódese seguir falando de cine sen atender ás demais formas da imaxe en movemento? De que xeito influíron internet ou os videoxogos nas novas narraciónsaudiovisuais? Como están cambiando os espazos de exhibición? De que xeito inflúen os novos hábitos do espectador na súa progresiva deserción das salas? Que facer co DVD e a piratería? Cal é o papel das televisións? De que modo enfróntanse os novos creadores a esta situación?
Estas e outras moitas preguntas son as que se intentarán responder nas III Xornadas sobre o Audiovisual, unha iniciativa do IES Audiovisual de Vigo que pretende convertelas nun espacio de reflexión e debate no que caben todos os interesados polas mutacións que está experimentando o universo da imaxe en movemento durante os últimos anos.
Estamos asistindo a un cambio transcendental no escenario cinematográfico. Descende o número de espectadores, pero se fabrican e ven máis películas que nunca. Á vez, as novas tecnoloxías provocan tamén a aparición de novas formas de produción, exhibición e recepción. E tanto os teóricos como os críticos, os profesionais como os ensinantes, andan un pouco desorientados respecto diso. En consecuencia, hai que pór en escena un modelo de discusión no que todos poidan sentirse implicados e extraer beneficios en forma de mapas para transitar esas novas xeografías.
Para obter máis información, coma o programa ou a inscripción na xornada entrade na Páxina Web do proxecto: Xornadas Audivisuais EAV
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario